martes, 11 de octubre de 2016

Exercicio práctico nº1. A escola (Alumnos de 1º Foto)



Co fin de que poidades dispoñer de material co que traballar en Lightroom para, nun primeiro momento utilizar o módulo do programa de xeito adecuado, propóñovos facer un exercicio práctico no que retratedes o medio máis próximo que temos: a nosa Escola.

Como podedes ver, a escola é un edificio singular -e moi fotoxénico- e no seu interior tamén se realizan actividades bastantes singulares.

Neste primeiro exercicio deberedes realizar 10-20 instantáneas (como mínimo 10) nas que retratedes o ambiente da escola, as súas características arquitectónicas, e todo aquelo que consideredes que define o noso centro de estudos.

O fin, como dicía anteriormente, é o de poder importalas a Lightroom, clasificalas dentro do módulo de Biblioteca e, posteriormente comezar co seu procesado no módulo Revelado.

Características do traballo:

-Momento da toma: Deberedes de tomar imaxes en formato RAW+JPG (así veremos a diferencia que hai cando traballamos con arquivos RAW e arquivos JPG). Non é obrigatorio, pero prégovos, que na medida do posible intentedes traballar en modo MANUAL

-Deberedes crear un catálogo de Lightroom específico para este traballo, no que clasifiquedes cada unha das imaxes utilizando as ferramentas do programa que consideredes máis oportunas (eu vos recomendaría que probárades tódalas opcións que ofrece a aplicación). Logo tamén traballaremos con elas no módulo Revelado.

Material a entregar:

Antes do día 13 de decembro de 2016 deberedes entregar

-O catálogo de Lightroom con todo o material procesado na aula
-As 10 mellores imaxes exportadas en formato TIFF

No hay comentarios: