Mostrando entradas con la etiqueta Esther López. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Esther López. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de marzo de 2020

Reto 13. Tiempo



Nestas semanas que me vin privada de tantas cousas, deime conta de que, como dixo Dalí, o tempo é o único importante que nos queda: sempre presente, presionando máis ou menos segundo o momento, pero aí está, como a nosa sombra.

viernes, 6 de marzo de 2020

Reto 12. HDR














































Escoller unhas poucas fotos do cento que fixen non foi sinxelo, pero terminei decidindome por estas 4 nas cales vemos fotos sacadas de xeito similar pero editadas de forma bastante distinta dentro do que é o efecto HDR.
Foi unha técnica ca que me divertin moito, ainda que teño que admitir que en ocasións pode ser un pouco hortera. Ademais, outra vez ignorei a arquitectura para aplicar a técnica noutro tipo de fotos, aínda que me quedei con gana de experimentar cun retrato de persoa... cuestión de tempo.


jueves, 5 de marzo de 2020

Reto 11. Efecto Maqueta



Nesta ocasión decidín subir duas fotos distintas e sen ningún tipo de relación. Isto débese a que creo que o efecto maqueta se aprecia máis na primeira imaxe (feita no Piornedo xa fai uns aniños) pero fotográficamente gústame a segunda, aínda que se vexa menos o efecto. Será que teño debilidade polas longas exposicións nocturnas e as pontes...

sábado, 15 de febrero de 2020

Reto 12. Panografía.



Quixen facer este reto deste xeito porque me parece unha técnica que da moito xogo nos retratos, ao permitir mostrar distintos planos dunha mesma persoa nunha soa imaxe.
Ela é desas persoas que da igual a perspectiva dende a que a mires, sempre está disposta a aconsellarme, a atoparme se me perdo e a reñerme cando é necesario... en definitiva a acompañarme nos distintos planos da miña vida, como os planos do seu retrato.
Ademais, debería agradecerlle toda a paciencia que ten conmigo: reto desenfoque, reto enmarcando, reto panografía... e os que lle quedan :)

jueves, 13 de febrero de 2020

Reto 11. Mi pequeño planeta



Son unha persoa de ideas moi fixas pero sempre hai quen me di que a vida dá moitas voltas. E digo eu que se a vida dá voltas tamén as ten que dar o entorno no que se vive. Por iso quixen facer o miniplaneta na plaza da miña vila e darlle sensación de movemento co desenfoque radial, xa que é o sitio no que din voltas ata marearme de pequena e o lugar no que a miña vida segue xirando a día de hoxe.

jueves, 6 de febrero de 2020

Reto 10. Panorámicas



Este sitio sempre me pareceu un pouco especial: a súa estética diferente a todo o que o rodea, a tranquilidade... Non sei, gústame moito e nunca me decidira a ir facerlle fotos. Elixin esta foto entre moitas outras panorámicas pola luz e as cores que ten, tendo un contraste que fai aínda máis estético o sitio.
Ademais atopei nas panorámicas o único xeito de conseguir fotos de arquitectura que realmente me gusten, polo que creo que se van convertir nunha das técnicas que empece a facer máis a miúdo.

jueves, 30 de enero de 2020

Reto 7. Pseudo-HDR



Ela é desas persoas que deixan pegada alí onde pisan, e eu son das que se deixa persuadir facilmente polos contrastes de luz dos hdr e a saturación excesiva das cores.
Por isto elexin esta foto, que inicialmente tiña as sombras moi escuras e na que non se distinguía apenas algunha textura no arbol, así co efecto do falso hdr quedou unha luz bastante interesante, unha textura moi marcada e ese toque apocaliptico que tanto me gusta.

jueves, 23 de enero de 2020

Reto 7. Enmarcando



Cantas veces me oiría iso de "hoxe gústanme os teus ollos"? Estou segura de que moitas, e a verdade é que me gustan sempre: polas cores, polo que me din sen necesidade de empregar palabras... Por todo iso, máis o que non vou escribir, quixen enmarcalos deste xeito, xa que ollar libros é unha do cento de cousas que temos en común. E é que cando dicimos que son a súa "mini eu" é por algo.