Mostrando entradas con la etiqueta Miguel Costa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Miguel Costa. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de mayo de 2015

RETO N13 GRANDES MAESTROS Miguel Costa

Para este reto decanteime por unha fotógrafa que me atrae o seu estilo e tratamento das imaxes, pintando sobre elas, aplicandolle explosivas cores e chamativas tonalidades.

Para a recreación da fotografía de Ouka Leele, unha vez realizada a toma, axustando a luz en Lightroom e aplicandolle o BN pasei a edición en Photoshop, tras aplicación de algún filtro corrector, interviñen a imaxe según o método dado en clase, fun coloreando as zonas con capas en modo cor. Finalmente un leve axuste de niveis para conseguir o contraste e saturación de cores que destacan nas obras de Ouka Leele.

OBRA ORIXINAL

martes, 17 de marzo de 2015

RETO 12 TIEMPO Miguel Costa


Para realizar o reto tempo, xoguei ca velocidade de obturación, o realizala dende o mobil usei a App SlowShutter para iPad, fixen unha montaxe en Ps con unha foto enfocada e outra feita con dita aplicación, con diferentes opacidades para atopar a fusión entre as duas.

A hora da edición apliquei un matiz maxenta, unha correción lúminica mediante niveis.

jueves, 5 de marzo de 2015

RETO N11 INCOMPLETO Miguel Costa

Presentación do reto Incompleto, optei por aplicar unha capa de por encima da imaxe con baixa opacidade e eliminando os rectangulos para poder visualizar a imaxe inicial.

miércoles, 18 de febrero de 2015

RETO N9 ADICCIÓN Miguel Costa




Realización do reto Adicción, unha fotografía de unha Orquídea, tomada a traves dun prisma, acercado a camara do iPhone, conseguindo asi uns reflexos e uns desenfoques buscados.
Para a edición da toma, unha capa de contraste e saturación con outra de niveis para acadar o look Fade. O recorte coma sempre en 16x9 outra das miñas adiccións.

lunes, 26 de enero de 2015

RETO N8 NOITE Miguel Costa

Proposta para o reto noite, o realizar os retos dende móbiles optei por realizar unha larga exposición ca App SlowPro. A toma foi realizada dende o coche en movemento, vese as lineas cinéticas das luces dos coches, a iluminación da estrada e o ceo na denominada hora azul.

O facelo nun dia chuvioso da a maiores unha textura a composición. A hora do tratamento dixital da imaxe unha capa de desaturación e outra de niveis para conseguir o efecto desexado.

miércoles, 7 de enero de 2015

RETO N7 Nadal Miguel Costa


Proposta para o Reto Nadal. Realizada ca App ProCam con efecto Kaleidoscopio, aplicando capas de contraste e saturación, por último o toque Fade. Na composición pode apreciarse as tipicas luces do árbore de nadal, bolas de decoración e ramas do mesmo árbore.

domingo, 30 de noviembre de 2014

RETO N6 Delicado Miguel Costa


Presentación do sexto reto semanal de Laboratorio de Imaxe, Delicado. A imaxe elexida para realizar o reto é unha composición de 8 fotografías tomadas unha vez máis ca App Averange Camera Pro para iPhone, nos xardíns da EASDRF.
A edición da imaxe basease nun virado a maxenta,  unha capa de leve saturación e outra de contraste. Un axuste de curvas para utilizar o efecto Fade acadando así un retoque que evoque o tema delicado, como as flores da planta fotografiada e a textura sedosa que proporciona o uso da App citada antes.

lunes, 17 de noviembre de 2014

RETO N5 Sombras Miguel Costa

Realización do Reto Sombras, aprobeitando unha raiola de sol nestes días nubrados realicei esta fotografía nos soportais do Concello de Lugo. Para a edición usei a App Rays para crear lineas de luz, despois en Photoshop, contraste para remarcar as sombras, unha capa de desaturación e outra de filtro fotográfico color laranxa, finalmente unha capa de niveles para aplicar o efecto Fade.

RETO N4 El Lugar Donde Vivo Miguel Costa

Imaxe para o Reto Lugar Donde Vivo, fotografía realizada na Praza do Campo, utilicei a App Averange Camera Pro para realizar a composición. Apliquei unha capa de niveles para producir o Fade, un leve toque de saturacion e contraste, finalmente un capa de enfoque para enfatizar as lineas da composición.

jueves, 13 de noviembre de 2014

RETO N4 En la Cocina Miguel Costa

Proposta para o reto En la Cocina, para realizar este reto optei por usar unha aplicación de Kaleidoscopio, escollendo griferia e escurre cubertos, aplicando unha capa de saturación e contraste, un lixeiro viñeteado e un look Fade.

jueves, 30 de octubre de 2014

RETO N3 Azul Miguel Costa

Proposta para o Reto Azul, pensando non ollos do meu gato e a cor da parede realizo o motivo azul, para a composición decanteime por un formato 16x9, situei o motivo nunha esquina dirixindo a sua mirada a esquerda para dar equilibrio a zona vacia. Unha capa de enfoque e unha de saturación de cor para enfatizar a cor azul xa presente na foto orixinal.

domingo, 19 de octubre de 2014

RETO N2 Curvas Miguel Costa

Imaxe composta por oito fotografías superpostas nunha soa toma, realizada ca App Averange Camera Pro para iPhone.
O motivo fotografiado é unha paisaxe urbana nocturna na que aparecen semáforos, farolas e vehículos aprobeitando o bokeh, xirei o iPhone na toma para así crear as curvas, tanto son curvas os puntos como a composición que forma.
A estructura compositiva achégase a proporción aurea. Acerca do retoque fotográfico usado axustando os niveis para dar un toque Fade, unha capa de axuste de saturacion e equilibrio de cor.

jueves, 9 de octubre de 2014

miércoles, 8 de mayo de 2013

Miguel Costa Reto 10, Recreando a Grandes Maestros

 A orixinal, e a miña propia interpretación da mesma.


Presentación do décimo reto semanal de medios informáticos, Interpretación de Grandes Maestros por Miguel Costa.
A imaxe elexida para representar este reto e a fotografía O Violín de Ingres, realizada en 1924 por Man Ray, evoca suavidade, atracción, fluidez, feminidade e delicadeza grazas ás categorías estéticas que empregou tales como beleza e novidade. O tema da obra é un tributo ao pintor neoclásico francés Jean Auguste Dominique Ingres. O enfoque que Man Ray lle dá á súa obra é o de reinterpretar o corpo dunha muller coma se fose o dun violín, grazas ás súas curvas e a fluidez da súa figura.

Para a realización da toma optei por un shot en clave baixa disparada en estudio. Aproveitando o ultimo dado na aula, usei o plugin de Imagenomic, un pincel corrector para pequenas manchas tamén optei por o plugin Exposure (KodachromeII Dust&Scratches) dandolle asi un aspecto vintage. Para terminar coloqueille os oídos en Efe do violín con retículas para darlle toda a máxima simetría posible a composición.

domingo, 21 de abril de 2013

Miguel Costa Reto 9 Adicción


Presentación do noveno reto semanal de medios informáticos  Adicción por Miguel Costa. A imaxe elexida para realizar este reto e unha composición de  5 shots, relacionadas entre si con unha das miñas adiccións, o té.
Optei por non sacar so unha foto, xa que basicamente cando se toma o té non e para saciar a sede, senón para desgustalo, e préstase máis atención a sua elaboración como aos utensilios que se emplean, asi aprobeitei o último que demos na aula, crear unha composición equilibrada e ordeada apartir de varias fotos.

A composición final e o resultado de cinco disparos, con duas fontes de iluminacion sincronizadas entre si, usando o blanco co seu significado de pureza e espiritualidade como o té. Usando guias, organicei a imaxe dando asi orde e prerfeccion a colocacion das mesmas, por ultimo optei por unha selección, cromatizada de gris e añadin o texto "addictea"  aportando unha información rápida e sinxela a composición.

(Fonte usada: Europe Undergrund, Dafont)


miércoles, 10 de abril de 2013

Miguel Costa Reto 8 Blanco


Presentación do octavo reto semanal de medios informáticos  Blanco por Miguel Costa. A imaxe elexida para realizar este reto e unha parte da fachada do Palacio de Congresos Calatrava de Oviedo, acercándose perfectamente o reto dado que toda a edificacion e branca. Ademais aprobeitando que en clase estamos dando retoque de Arquitectura, usei varios procedementos dados na aula.
A imaxe final é o resultado dun reencadre da mesma para salvar certos aspectos da  instantánea, e un mínimo retoque lumínico para destacar o branco da arquitectura e o ceo nubrado que acompañou ese mesmo día.

lunes, 1 de abril de 2013

Miguel Costa- Reto 7 Delicado


Presentación do séptimo reto semanal de medios informaticos, Delicado por Miguel Costa. A imaxe elexida para realizar este reto é un remuiño de pompas de xabón, representando o nome do reto, a delicadeza e fraxilidade das mesmas. Para compoñer a imaxe optei por un fondo de papel mate, e iluminación nadir e frontal para enfatizar a forma das pompas e facer unhas sombras cas cores das mesmas.
O encadre da composición esta organizado en base a regra dos tercios, cos máximos puntos de interes no segundo e cuarto. A imaxe final é o resultado dunha edición luminica en Lightroom e un axuste de color en Photoshop acercandome a un virado en azul ou cianotipo.

martes, 12 de marzo de 2013

Miguel Costa- Reto 6 Incompleto

Presentación do sexto reto semanal de medios informaticos, Incompleto por Miguel Costa. A imaxe elexida para cumprir este reto é o carozo dunha maza, envolta na sua pel, dando así énfase o motivo do reto, a fragmentación dun suxeito que esta por terminar pero que xamais será acabado. Para compoñer a imaxe tomei interés por un encadre simple, situandoa no centro da composición, aproximandome así a sección aurea.

A imaxe final é o resultado de unha toma de bodegón, con 3 fontes de iluminación, sobrexpoñendo asi o fondo de papel, e iluminando o motivo a fotografiar para terminar a edición en Lightroom xogando ca saturación e a temperatura de cor.

martes, 26 de febrero de 2013

Miguel Costa- Reto 5 Rojo

Presentación do quinto reto semanal, de medios informáticos, Rojo por Miguel Costa. Para este reto destaquei o cromatismo vermello na roupa, colguei as prendas nun espazo natural, o paseo do Río Miño, descontextualizando o motivo fotografiado. Para compoñer a imaxe, tomei como referencia a regra dos tercios, polo cal os elementos princiais situanse arredor do primeiro punto de interese.
A imaxe final e o resultado de unah montaxe de duas fotografías tomadas no mesmo espazo: A primeira sería na que atopamos a roupa e a segunda onde visualizamos a unha personaxe. Esta última foi engadida mediante a técnica de emprego dunha máscara de capa na que fun ocultando as partes que non precisaba para o resultado final. O resto da edición foi feita en Lightroom, xogando coa saturación e a temperatura de cor.

Para aportar unha pincelada cómica, e dado que o reto xiraba en torno a cor vermella, engadin como elemento secundario, unha recreación da famosa persoaxe "Wally" afastandoo do primeiro plano podendo asi formular a pregunta: 
Onde está Wally?

miércoles, 20 de febrero de 2013

Miguel Costa- Reto 4 Un sujeto tres fotos

Presentación do cuarto reto semanal, de medios informáticos, Un suxeito tres fotos por Miguel Costa.
Foto tomada na Cidade Da Cultura (Santiago de Compostela).
As imaxes pasaron por un proceso de edición non destructivo, so dando enfase a pequenos aspectos luminicos.
A primeira fotografía mostro un gran plano xeral da Cidade completa, na segunda e terceira imaxe, centrome no edificio que alberga o Museo De Galicia,  destacando as lineas da fachada dando un dinamismo a composicion, e por último o efecto de reflexo da fachada de cristal, proporcionando unha visión diferente do espazo.