Mostrando entradas con la etiqueta iago anello. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta iago anello. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de abril de 2015

RETO 13: GRANDES MAESTROS - Iago Anello

Para recrear este 'clásico' do blog, este ano decanteime por un artista contemporáneo emerxente.
Recreei unha fotografía baseandome na serie 'Zoo Portraits' do artista barcelonés Yago Partal.
Ademáis de fotógrafo, é videógrafo e ilustrador; achégovos as súas webs por se vos apetece coñecer algo do seu traballo.
www.yagopartal.com
www.zooportraits.com

A continuación achégovos unha mostra da súa serie, xunto coa miña reinterpretación:

OSTRICH - Yago Partal


MIMO - Iago Anello

Trátase dunha fotomontaxe a partir de dúas tomas, unha miña e outra de Mimo.
A continuación modifiquei a escala do can e axustei a anchura do cuello para que encaixara na camisa.
Con capas de axuste ocultei as partes que non necesitaba, usando pinceis irregulares para as zonas nas que o pelo o necesitara.
Din unha pequena pincelada de subexposición durante o contorno do cuello, pegado xa á camisa para dotar de más realismo ó 'encaixe'.
Finalmente tomei como mostra a cor de fondo que utiliza o artista orixinal, e cree ese lixeiro degradado azul.

lunes, 30 de marzo de 2015

RETO 12: EL TIEMPO - Iago Anello

Neste reto elexín como motivo o reloxo solar que temos no xardín da escola.

Neste caso, preferín facer unha imaxe máis irreal, polo que dupliquei a capa orixinal e volteeina horizontalmente, fusionandoa polo modo de multiplicación e creando así esta fusión de liñas e círculos, en ton simétrico que axudan a mellorar a composición final.

Unha capa de axuste de branco e negro e unha de desprazamento finalizarían a edición da imaxe.

viernes, 6 de marzo de 2015

RETO 10: INCOMPLETO - Iago Anello

Un punto de vista cenital para o reto incompleto. Elexin este punto de vista para evitar diferentes elementos que podían enturbiar o fondo.
Compositivamente xogei coas diagonales e os triángulos para realizar a toma.

En canto á edición, añadín un matiz cálido, un look mate, e baixei lixeiramente a intensidade das cores.

viernes, 20 de febrero de 2015

RETO 10: MI GRAN ADICCIÓN - Iago Anello



Para o reto número 10, presento a miña gran adicción, escribir con luz, a fotografía.

Para representar esta fotografía optei por non fotografiar nada relacionado cos 'dispositivos de captura' senon simplemente centrarme na nosa fonte de traballo, a luz.

Trátase dunha vista cenital dunha lámpara de sobremesa, sobre un espazo blanco.
A edición simplemente consiste en recuperar as zonas de altas luces e buscar eses diferentes 'tons de blanco' que formen esos degradados que podemos ver. Un leve viñeteado axudará a enmarcar o motivo.

viernes, 30 de enero de 2015

RETO 9: NOCHE - Iago Anello

Esta é a miña proposta para o reto noite.
Trátase dunha multitoma, feita coa aplicación AVG Cam Pro, pero sen realizar un movemento moi notable entre elas, senon intentando realizar unha fusión das imaxes desde 'case' o mesmo punto de vista.
Así busquei crear ese efecto de trepidación que simula unha sensación de movemento, e crea ese estilo mási 'pictorico'.
En canto á edición, contrastei a imaxe, saturei os tons cálidos das luces e creei unha capa de efecto mate.

jueves, 8 de enero de 2015

Reto nº7: Nadal - Iago Anello


Esta é a miña proposta para o reto navideño.
Trátase dunha vista dende a muralla, do alumbrado destas festas na parte baixa da Praxa Maior/Rúa Bispo Aguirre.
Decidín tomar a fotografía dende un punto elevado para enfatizar a perspectiva xerada polas liñas que fugan cara o final da rúa, á vez que tentei centrar o encadre o máximo posible.
En canto ao tratamento da imaxe, simplemente se trata dunha correción lumínica dirixida a contrastar algo máis a toma, realizar un virado (altas luces - tono cálido / sombras - tono frío) para xogar tamén coas cores das luces que decoran a rúa, un pequeno efecto fade e un leve viñeteado.

viernes, 5 de diciembre de 2014

viernes, 28 de noviembre de 2014

RETO 6 - SOMBRAS: Iago Anello

A miña verisón do reto sombras, unha imaxe a contraluz dunha figura dun fotógrafo de sargadelos.

Para realizala toma situei a figura nunha superficie branca, para que reflectira algo de luz á escena, e sutuei unha lámpada - flexo dende a parte posterior do motivo.
Busquei 'metafóricamente', que a lámpada non se vise de forma completa, senon como un destello que sae dende a man da figura pola parte posterior, como se dun flash que está a disparar se tratase.
A base, ó ser de cristal, axudoume a dispersar un pouco a luze a recorta o motivo pola parte inferior, á vez que da certo ambiente 'etéreo'.
A edición foi moi simple, axustando a iluminación, para que a base dela fose 'as sombras' e o contraste o axeitado.

**** En casos como este sí que botaría de menos o emprego de cámara fotográfica, posto que por pouco que se toque a fotografía, ao realizala co móbil pronto aparecen 'empastacións' e posterizados...

lunes, 17 de noviembre de 2014

RETO EL LUGAR DONDE VIVO - Iago Anello


Para o reto número 4 optei por unha ollada diferente do lugar en donde vivo, a chave de entrada.
Para dar máis xogo ó elemento decidín que o desenfoque total fora o modo de mostralo, polo que para conseguilo acerquei o tlf todo o que puoden ó motivo.
Ó realizar así a fotografía, conseguín unha distorsión do obxecto que me pareceu atractiva para dar máis abstracción ó motivo.
Sobreexpuxen algo a fotografía, pero non demasiado como para eliminar o bokeh que provoca o desenfoque e desaturei a imaxe levemente ademáis de darlle un pequeno matiz cálido.


jueves, 6 de noviembre de 2014

RETO EN LA COCINA: Iago Anello

Nesta ocasión, o motivo que elexín para representar o reto 'En la cocina', está basado en elementos metálicos que podemos atopar en calquera cociña.
Un bol e un batidor de varillas conforman a composición, creando dous espazos, un de interseccións e outro más vacio para compensar o peso da parte superior da imaxe. Tamen busquei a diagonalidade para diferencialos.
En canto á toma, realiceina coa aplicación AVG Cam, polo que é a fusión de 8 tomas nunha mesma imaxe, movendo levemento o teléfono para crear ese efecto de trepidación, que nos pode recordar ó movemento que producimos ó usar o obxeto.
en canto á edición, convertín a imaxe a branco e negro, para acentuar ese carácter metálico, compensei a iluminación, sobreexpoñéndoa levemente, apliquei unha capa de axuste de contraste e un viñeteado leve.

lunes, 3 de noviembre de 2014

RETO AZUL: Iago Anello


Deixo, aquí a miña fotografía do terceiro reto, con motivo principal a cor azul.


jueves, 9 de octubre de 2014

miércoles, 25 de abril de 2012

RETO Nº15: MANOS - Iago Anello


martes, 17 de abril de 2012

martes, 20 de marzo de 2012

RETO Nº13: FLORES - Iago Anello


lunes, 5 de marzo de 2012

RETO Nº12: BLANCO - Iago Anello


jueves, 1 de marzo de 2012

Panografía

Bueno, despois de moito pelear, vexo que non é unha leyenda esto da panografía... máis ou menos existen!! jajaja
Nótanse bastantes fallos, pero bueno, para ser a primeira e despois de pelear bastante, aínda non hai queixa! ;P

miércoles, 29 de febrero de 2012

martes, 14 de febrero de 2012

martes, 7 de febrero de 2012

RETO Nº9: EL TIEMPO - Iago Anello


B/N Método Frikie 2 (Rob Carr) ;P