O lugar donde vivo,
está nas chamadas de miña nai.
Cando me pregunta ''que tal estou'',''se comín ben'',''se estou estudando o suficiente''...
Recórdame que teño unha nai que me bota de menos, xa que paso a maior parte do tempo en Lugo. Unha familia que está desexando que volva cada vez que teña oportunidade , que hai un lugar para min, que sempre foi meu e que me está esperando.