Escoller unhas poucas fotos do cento que fixen non foi sinxelo, pero terminei decidindome por estas 4 nas cales vemos fotos sacadas de xeito similar pero editadas de forma bastante distinta dentro do que é o efecto HDR.
Foi unha técnica ca que me divertin moito, ainda que teño que admitir que en ocasións pode ser un pouco hortera. Ademais, outra vez ignorei a arquitectura para aplicar a técnica noutro tipo de fotos, aínda que me quedei con gana de experimentar cun retrato de persoa... cuestión de tempo.