Mostrando entradas con la etiqueta exercicio práctico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta exercicio práctico. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de enero de 2017

Exercício práctico nº1. Fotografía de arquitectura (só para os alumnos do CFGS de Fotografía)


DESCRIPCIÓN DO TRABALLO 
Aproximación á especialidade da fotografía arquitectónica e a paisaxe urbana, entendida dende un punto de vista creativo (valoraranse máis as imaxes nas que o alumno experimente con encuadres arriesgados, angulacións da cámara, planos detalle, xogos ca perspectiva que outras tomas “tipo postal”). 
Asímesmo, son válidas as imaxes coa seguinte temática: 
-Arquitectura e paisaxe urbana (sempre e cando os protagonistas da foto sexan as edificacións) 
-Arquitectura rural
-Arquitectura contemporánea -Arquitectura antiga e monumental -Interiores de edificios
-Obras públicas (faros, Pontes) 


OBXECTIVOS 
-Coñecer e saber utilizar as distintas técnicas e estilos utilizados na especialidade da fotografía arquitectónica 
-Desenvolver a imaxinación, a sensibilidade artística e a creatividade 
-Explorar e utilizar novas técnicas de retoque, manipulación e montaxe dixital relacionadas coa fotografía de arquitectura 
-Coñecer, analizar e relacionar o traballo de artistas xa consagrados para crear unha obra contemporánea a partir dela. 
-Analizar e criticar a propia obra 
-Traballar utilizando correctamente a iluminación natural intentando sacar o máximo partido da luz durante as distintas horas do día 
-Acercarse nos resultados aos niveles de calidade e rentabilidade da fotografía profesional 

CONDICIÓNS DE ENTREGA 
Para poder superar o exercicio, o alumno deberá entregar 
-5 fotografías –mínimo- que amosen diferentes aspectos dun mesmo edificio ou conxunto de edificios 
-1 panorámica de 180 ou 360 graos
-1 panorámica polar 
-1 HDR, formado polo menos a partir de tres fotografías 
-1 pseudo HDR
-1 panografía 
-1 imagen procesada coa técnica do bracketing de enfoque*

A data de entrega non excederá do 2 de marzo de 2017. Poderanse modificar as condicións de entrega en función do ritmo de traballo na aula.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN 
A avaliación do traballo realizarase do seguinte xeito: 
-Calidade técnica das imaxes, exposición e retoque dixital: 5 puntos 
-Calidade estética das imaxes, orixinalidade: 5 puntos 

PARA REMATAR, SUXÍROVOS... 
Suxírovos visualizar imaxes de grandes fotógrafos que destacaron na especialidade de arquitectura como 
Gabriele Basilico ou Julius Shulman, que representan dous xeitos ben distintos de enfrentarse a este xénero, analizando as súas imaxes e reflexionando sobre aspectos como a composición, tema elexido, técnica utilizada... 

No blog tamén temos varias entradas relacionadas con este tema. 

Cando teñades claro o tema, ide varias veces ao longo do día ata o lugar que queredes retratar: o edificio é completamente distinto iluminado coa luz da mañá, do mediodía ou da noite. Pensade que a finais da tarde podedes aproveitar a “hora azul” para conseguir imaxes certamente espectaculares.. 

Paseade en torno á arquitectura, agachádevos, subide a algo que haxa cerca... probade con distintos puntos de vista, angulacións da cámara... 

Á hora de compoñer a imaxe pensade que os edificios foron deseñados segundo liñas curvas e/ou rectas. Intentade enfatizalas, ademáis de xogar con repeticións, simetrías/asimetrías, puntos de fuga... 

Probade a visualizar a mesma escena con distintos obxectivos: teles, gran angulares, obxectivos normais, ollos de pez, obxectivos PC... Conseguiredes resultados moi diversos. 

Se tedes trípode –ou se queredes usar un da Escola-, probade a realizar largas exposicións. Éstas funcionan moi ben sobre todo pola noite – cando son máis necesarias debido a ausencia de luz e cando podemos captar as estelas dos faros dos automóviles pasando por diante dos edificios- 

En fin..., divertídevos a hora de realizar o traballo. Non teñades medo de probar novos encuadres e puntos de vista e experimentar, experimentar, experimentar... 

martes, 11 de octubre de 2016

Exercicio práctico nº1. A escola (Alumnos de 1º Foto)



Co fin de que poidades dispoñer de material co que traballar en Lightroom para, nun primeiro momento utilizar o módulo do programa de xeito adecuado, propóñovos facer un exercicio práctico no que retratedes o medio máis próximo que temos: a nosa Escola.

Como podedes ver, a escola é un edificio singular -e moi fotoxénico- e no seu interior tamén se realizan actividades bastantes singulares.

Neste primeiro exercicio deberedes realizar 10-20 instantáneas (como mínimo 10) nas que retratedes o ambiente da escola, as súas características arquitectónicas, e todo aquelo que consideredes que define o noso centro de estudos.

O fin, como dicía anteriormente, é o de poder importalas a Lightroom, clasificalas dentro do módulo de Biblioteca e, posteriormente comezar co seu procesado no módulo Revelado.

Características do traballo:

-Momento da toma: Deberedes de tomar imaxes en formato RAW+JPG (así veremos a diferencia que hai cando traballamos con arquivos RAW e arquivos JPG). Non é obrigatorio, pero prégovos, que na medida do posible intentedes traballar en modo MANUAL

-Deberedes crear un catálogo de Lightroom específico para este traballo, no que clasifiquedes cada unha das imaxes utilizando as ferramentas do programa que consideredes máis oportunas (eu vos recomendaría que probárades tódalas opcións que ofrece a aplicación). Logo tamén traballaremos con elas no módulo Revelado.

Material a entregar:

Antes do día 13 de decembro de 2016 deberedes entregar

-O catálogo de Lightroom con todo o material procesado na aula
-As 10 mellores imaxes exportadas en formato TIFF

martes, 24 de marzo de 2015

Exercício práctico nº2: Retrato (Só para os alumnos do CFGS de Fotografía)


(Imaxe de Aleksandra Dmitrieva)

DESCRIPCIÓN DO TRABALLO 
Aproximación ao xénero do retrato fotográfico, sobre todo na súa variante do retrato "preparado", reflexionando ben sobre a personalizade do retratado ou ben sobre a impresión que se queira ofrecer de él. 
Valorarase a creatividade, pois ainda que se poidan usar composicións, poses, esquemas de iluminación máis ou menos clásicos, é interesante experimentar con técnicas arriscadas.
Neste sentido, é de vital importancia a eleción dun modelo que, máis alá da súa presencia física, sabia actuar diante da cámara para poder resposta ao que necesita o fotógrafo.
As imaxes deberían ter unha unidade temática, técnica e formal. A pesar delo, contémplase a posibilidade de presentar fotografías de varios modelos diferentes.


OBXECTIVOS 
-Experimentar coas distintas técnicas e estilos utilizados na especialidades do retrato fotográfico
-Desenvolver a imaxinación, a sensibilidade artística e a creatividade 
-Utilizar novas técnicas de retoque, manipulación e montaxe dixital relacionadas coa especialidades do retrato
-Analizar e criticar a propia obra
-Acercarse nos resultados aos niveles de calidade e rentabilidade da fotografía profesional

CONDICIÓNS DE ENTREGA 
Para poder superar o exercicio, o alumno deberá entregar cinco fotografías de 20 centímetros de lado menor, a 300 píxeles por pulgada. Éstas deberán estar en formato TIFF ou PSD en capas e serán entregadas en formato dixital.

Tamén deberán entregar un composit de un ou varios modelos, identificados co seu nome, datos persoais...

CRITERIOS DE AVALIACIÓN 
A avaliación do traballo realizarase do seguinte xeito: 
-Calidade técnica das imaxes, e retoque dixital: 5 puntos 
-Calidade estética das imaxes, orixinalidade: 5 puntos