Mostrando entradas con la etiqueta Esther. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Esther. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de enero de 2020

Reto 6. Navidad



Destas datas sempre vemos a mesma cara da moeda: alegría, agasallos ou festas. Pero a hipocresía, o consumismo desmedido ou os falsos bos desexos están sempre presentes. Tamén a soidade, un sentimento de quen lembra a quen non vai voltar, de quen espera a un fillo, neto ou familiar que non ten tempo de ir cear... Esta parte non se mostra, pero é a realidade de moitas persoas, por isto quixen darlle esta perspectiva, aínda que se alonxa moito do que é o meu nadal.

jueves, 5 de diciembre de 2019

Reto 5. Retrato desenfocado.



Para esta foto e tras probar varios distintos, decidín poñerlle o desenfoque radial, xa que así créase unha sensación de movemento e desorde que destacan aínda máis o retrato nítido. Ademais, conservei o color selectivo, porque, como digo no outro texto, ela é azul e gústame manterlle ese significado.

jueves, 21 de noviembre de 2019

Reto 4. Retrato.



Ao facer a foto con moita profundidade  de campo quería un fondo que representase unha característica física ou emocional da persoa, pois para min ese é o obxectivo dos retratos.
Por isto, elexin ese graffiti, xa que moitas veces asociamos persoas a cores e sen ningunha dúbida ela é azul: sinceridade, confianza e liberdade.

miércoles, 13 de noviembre de 2019

Reto 3. En la cocina.



Ao ler o tema do reto viñeronseme á cabeza moitas fotos posibles: texturas, alimentos, utensilios de cociña... todos eles elementos pasaxeiros ou que cambian de sitio continuamente. Pero se algo recordo sempre na miña cociña é esa bilbaína do número 10 e a miña avoa.
Ao carón do lume déronse moitos momentos que gardo no meu recordo: conversas acompañadas dun café, castañas asadas cada outono, discusións por calquera tontería... todas estas cousas resumense nesa imaxe e fan destas catro paredes o sitio no que máis tempo paso a diario, ben sexa soa ou acompañada.

viernes, 8 de noviembre de 2019

Reto 2. El lugar donde vivo



Estou segura que neste sitio hai moitos recordos felices ademais dos meus. E é que eu son dun pobo sinxelo, cun parque ao lado do río que foi mudando cos anos, pero sempre será o lugar de encontro, o lugar onde pasar as tardes, pois é o NOSO parque.
A foto é unha larga exposición movida xa que a día de hoxe sempre o vexo do mesmo xeito: de noite e de pasada. Aínda así, é o recuncho no que gardo tardes xogando ao futbol, carreiras en bicicleta e moitos pantalóns manchados de verde. Por todo iso, e porque segue sendo aquí onde aparecen momentos que se convertiran en recordos, unha parte de min vive nel.

viernes, 25 de octubre de 2019

RETO 1. YO



As luces e as sombras non deixan de ser unha representación do que somos as persoas. Eu son da opinión de que en moitas ocasións as persoas temos dúas imaxes: a física chea de luz e a outra, na que mostramos o que realmente somos, agochada na escuridade para só mostrarse cas persoas que conseguen ver máis aló da primeira ollada.
Eu son iso: moitas luces, moitas sombras, moitos contrastes.