Presentación do quinto reto semanal, de medios informáticos, Rojo por Miguel Costa. Para este reto destaquei o cromatismo vermello na roupa, colguei as prendas nun espazo natural, o paseo do Río Miño, descontextualizando o motivo fotografiado. Para compoñer a imaxe, tomei como referencia a regra dos tercios, polo cal os elementos princiais situanse arredor do primeiro punto de interese.
A imaxe final e o resultado de unah montaxe de duas fotografías tomadas no mesmo espazo: A primeira sería na que atopamos a roupa e a segunda onde visualizamos a unha personaxe. Esta última foi engadida mediante a técnica de emprego dunha máscara de capa na que fun ocultando as partes que non precisaba para o resultado final. O resto da edición foi feita en Lightroom, xogando coa saturación e a temperatura de cor.
Para aportar unha pincelada cómica, e dado que o reto xiraba en torno a cor vermella, engadin como elemento secundario, unha recreación da famosa persoaxe "Wally" afastandoo do primeiro plano podendo asi formular a pregunta:
Onde está Wally?
48 Fotos del Otoño que te Animarán a Sacar la Cámara
Hace 3 semanas
2 comentarios:
Me parece una fotografía ante todo muy original. Lo primero que entra al espectador por los ojos es el rojo de la ropa pero a la vez consigues que nuestra vista se desplace a la derecha y busque un fondo. Y hacer que ese fondo sea alguien vestido a rallas como Wally es cómico y a su vez, repito, original. Muy buena foto.
Encántame a túa explicación. Sen ela, seguro que non acabariamos de entender de todo a fotografía. Por iso vos animo a que comentedes as fotos que subides ao blog. Por outra banda, gústame o arriscado plantexamento do reto, cunha imaxe case surrealista con un compoñente cómico importante, xogando con elementos descontextualizados e co contraste do verde da natureza e da cor vermella, protagonista do reto.
Publicar un comentario