DESCRIPCIÓN DO TRABALLO
Aproximación á especialidade da fotografía arquitectónica e a paisaxe urbana, entendida dende un punto de vista creativo (valoraranse máis as imaxes nas que o alumno experimente con encuadres arriesgados, angulacións da cámara, planos detalle, xogos ca perspectiva que outras tomas “tipo postal”).
Asímesmo, son válidas as imaxes coa seguinte temática:
-Arquitectura e paisaxe urbana (sempre e cando os protagonistas da foto sexan as edificacións)
-Arquitectura rural
-Arquitectura contemporánea -Arquitectura antiga e monumental -Interiores de edificios
-Obras públicas (faros, Pontes)
OBXECTIVOS
-Coñecer e saber utilizar as distintas técnicas e estilos utilizados na especialidade da fotografía arquitectónica
-Desenvolver a imaxinación, a sensibilidade
artística e a creatividade
-Explorar e utilizar novas técnicas de retoque, manipulación e montaxe dixital relacionadas coa fotografía de arquitectura
-Coñecer, analizar e relacionar o traballo de artistas xa consagrados para crear unha obra contemporánea a partir dela.
-Analizar e criticar a propia obra
-Traballar utilizando correctamente a iluminación natural intentando sacar o máximo partido da luz durante as distintas horas do día
-Acercarse nos resultados aos niveles de calidade e rentabilidade da fotografía profesional
CONDICIÓNS DE ENTREGA
Para poder superar o exercicio, o alumno deberá entregar
-3 fotografías –mínimo- que amosen diferentes aspectos dunha mesma obra arquitectónica
-1 panorámica de 180 ou 360 graos

-1 panorámica polar
-1 HDR, formado polo menos a partir de tres fotografías
-1 pseudo HDR
-1 imagen procesada coa técnica do bracketing de enfoque
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
A avaliación do traballo realizarase do seguinte xeito:
-Calidade técnica das imaxes, exposición e retoque dixital: 5 puntos
-Calidade estética das imaxes, orixinalidade: 5 puntos
PARA REMATAR, VOS SUXIRO...
Suxírovos visualizar imaxes de grandes fotógrafos que destacaron na especialidade de arquitectura como
Gabriele Basilico ou Julius Shulman, que representan dous xeitos ben distintos de enfrentarse a este xénero, analizando as súas

imaxes e reflexionando sobre aspectos como a
composición, tema elexido, técnica utilizada...
No blog www.en16bits.blogspot.com tamén temos varias entradas relacionadas con este tema.
Cando teñades claro o tema, ide varias veces ao longo do día ata o lugar que queredes retratar: o edificio é completamente distinto iluminado coa luz da mañá, do mediodía ou da noite. Pensade que a finais da tarde podedes aproveitar a “hora azul” para conseguir imaxes certamente espectaculares..
Paseade en torno á arquitectura, agachádevos, subide a algo que haxa cerca... probade con distintos puntos de vista, angulacións da cámara...
Á hora de compoñer a imaxe pensade que os edificios foron deseñados segundo liñas curvas e/ou rectas. Intentade enfatizalas, ademáis de xogar con repeticións, simetrías/asimetrías, puntos de fuga...
Probade a visualizar a mesma escena con distintos obxectivos: teles, gran angulares, obxectivos normais, ollos de pez, obxectivos PC... Conseguiredes resultados moi diversos.
Se tedes trípode –ou se queredes usar un da Escola-, probade a realizar largas exposicións. Éstas funcionan moi ben sobre todo pola noite – cando son máis necesarias debido a ausencia de luz e cando podemos captar as estelas dos faros dos automóviles pasando por diante dos edificios-

En fin..., divertídevos a hora de realizar o traballo. Non teñades medo de probar novos encuadres e puntos de vista e experimentar, experimentar, experimentar...
No hay comentarios:
Publicar un comentario