Rob Carr buscaba un xeito de manter a estética e textura da
fotografía analóxica para as fotografías que facía a estrelas de Hollywood. Emprega
este método que modifica a canle da luminosidade da imaxe para chegar ao seu
obxectivo, e seguindo uns poucos pasos obteremos unha imaxe cun blanco e negro
bastante contrastado e que debería lembrarnos ás imaxes que se obtiñan co
revelado analóxico.
En primeiro lugar debemos cambiar o modo de traballo a “Color
Lab”
Despois vamos a canales e seleccionamos o de luminosidade,
tendo seleccionado volvemos a cambiar o modo de traballo, esta vez a escala de
grises.
Agora seleccionamos o canal que acabamos de crear. Pulsando
co ratón na miniatura da imaxe ao mesmo tempo que pulsamos ctrl. Esta selección
temos que invertila no menú selección ou co atallo de teclado (ctrl+alt+i)
Creamos unha nova cama de color uniforme negra, para pintar
a nosa selección, e baixamos a opacidade a un 50%
Agora debemos crear unha capa de niveles ou curvas para
axustar os niveles ao noso gusto.
Para continuar duplicamos a capa
fondo e sobre a copia aplicamos un filtro de paso alto con radio 10.
Para finalizar cambiamoslle o modo
de fusión a luz fuerte e reducimos a opacidade da capa ata que nos parezca un
valor adecuado.
Resultado Final
Na miña opinión é un método
sinxelo para convertir as fotografías a blanco e negro (podemos convertir en accións
algún dos pasos, axilizando aínda máis o proceso) e que nos leva a un resultado
distinto que o que temos cos presets.
Aínda así, (ao mellor porque non estou
demasiado familiarizada ca fotografía analóxica) non acabo de ver este
resultado de estética analóxica, só vexo un blanco e negro máis traballado que
calquera que nos poda ofrecer ligthroom ou Photoshop de forma predeterminada, e
que polo tanto fai a fotografía máis interesante.
Ademais non é un método difícil de
aplicar, resumindoo en 10 pasos consigues unha boa edición na foto sen
necesidade de entrar en métodos moito máis complexos.
Por último, a única desventaxa que
lle notei a este método é que non permite manter a imaxe como obxecto
intelixente, de forma que editamos sobre o propio raw.
En resumo, gústame como método de edición
xa que leva a un resultado máis traballado do blanco e negro, aínda que non
consigo ver a textura ou estilo analóxico.
Páxinas web:
1 comentario:
Excelente. E con pantallazos (vou a contratarte para que me axudes cos meus titoriais). Ben explicado e sobre todo xenial conclusión. Ademais, vexo que o aplicas a varias fotografías. Moi ben.
Publicar un comentario