martes, 19 de mayo de 2020

EP 05. Método Rob Carr

Rob Carr buscaba un xeito de manter a estética e textura da fotografía analóxica para as fotografías que facía a estrelas de Hollywood. Emprega este método que modifica a canle da luminosidade da imaxe para chegar ao seu obxectivo, e seguindo uns poucos pasos obteremos unha imaxe cun blanco e negro bastante contrastado e que debería lembrarnos ás imaxes que se obtiñan co revelado analóxico.

En primeiro lugar debemos cambiar o modo de traballo a “Color Lab”



Despois vamos a canales e seleccionamos o de luminosidade, tendo seleccionado volvemos a cambiar o modo de traballo, esta vez a escala de grises.




Agora seleccionamos o canal que acabamos de crear. Pulsando co ratón na miniatura da imaxe ao mesmo tempo que pulsamos ctrl. Esta selección temos que invertila no menú selección ou co atallo de teclado (ctrl+alt+i)

Creamos unha nova cama de color uniforme negra, para pintar a nosa selección, e baixamos a opacidade a un 50%






Agora debemos crear unha capa de niveles ou curvas para axustar os niveles ao noso gusto.


Para continuar duplicamos a capa fondo e sobre a copia aplicamos un filtro de paso alto con radio 10.




Para finalizar cambiamoslle o modo de fusión a luz fuerte e reducimos a opacidade da capa ata que nos parezca un valor adecuado.








   




























Resultado Final                                                                                               
                                                                                                             

















Orixinal



















Blanco e negro lightroom


Na miña opinión é un método sinxelo para convertir as fotografías a blanco e negro (podemos convertir en accións algún dos pasos, axilizando aínda máis o proceso) e que nos leva a un resultado distinto que o que temos cos presets.
Aínda así, (ao mellor porque non estou demasiado familiarizada ca fotografía analóxica) non acabo de ver este resultado de estética analóxica, só vexo un blanco e negro máis traballado que calquera que nos poda ofrecer ligthroom ou Photoshop de forma predeterminada, e que polo tanto fai a fotografía máis interesante.
Ademais non é un método difícil de aplicar, resumindoo en 10 pasos consigues unha boa edición na foto sen necesidade de entrar en métodos moito máis complexos.
Por último, a única desventaxa que lle notei a este método é que non permite manter a imaxe como obxecto intelixente, de forma que editamos sobre o propio raw.
En resumo, gústame como método de edición xa que leva a un resultado máis traballado do blanco e negro, aínda que non consigo ver a textura ou estilo analóxico.

Outras imaxes editadas co mesmo método







Páxinas web:

1 comentario:

Noe dijo...

Excelente. E con pantallazos (vou a contratarte para que me axudes cos meus titoriais). Ben explicado e sobre todo xenial conclusión. Ademais, vexo que o aplicas a varias fotografías. Moi ben.