jueves, 16 de enero de 2020

Reto 6: Navidad- Silvia Ouro


   Fixen esta imaxe para o reto, porque inda que parece unha mera foto comercial que está decente (ou polo menos é impresión que persoalmente me da, e a que precisamente quería dar) ten moito simbolismo detrás...anda mira, xusto coma o Nadal! Esas festas de color de rosa donde aparentemente o máis importante é disfrutar dos regalos, da familia, das comilonas... (vamos as marabillas que nos ofrece o capitalismo Español todos os anos). Senón é iso é un tempo de reflexión relixiosa e de "desfrutar da familia" (as marabillas do marabilloso e estupendástico mundo da relixión), e se non te conformas con isto para ter as navidades perfectas, só tes que ir ver as luces de Vigo, a cidade onde en Decembro nunca é de noite, parece que foi  Abel Caballero e non Carlos I o que conseguiu " un imperio onde nunca se pon o sol" ( perdón, chiste moi queimado xa).

   Máis a cruda realidade do nadal pra uns poucos iluminados coma min, e non precisamente por seren de Vigo, é e a seguite: O Nadal é a guerra, e o noso único obxectivo e sobrevivir.

  Na primeira fase enfróntaste aos míticos familiares practicantes do coñecido "cuñaísmo", que son coma os Gremlins (non lles des nada de beber despois das doce da noite!), despois de conseguilo pasas ao segundo level e tes que superar o interrogatorio do Inv(f)erno, e explicar como narices pretendes ser unha persoa de proveito sen querer parella estable, sen querer casarte, sen plantearte ter fillos, sen estudar unha carreira "de verdade" como a filla do tío do irmán da exmoza do veciño do teu curmán terceiro que é avogada.. e por fin chegas á final e tes que efrontarte aos Final Bosses que son os teus pequenos e angelicales curmanciños pequenos que como non estean conformes cos teus regalos de Reises préndenche lume ao pelo en forma de venganza...

   Se superas estos tres niveis que son casi iguais en todas as ceas de nadal e todo isto levando os traballos e deberes e concertos e demáis merdas ao día, poderás desfrutar dunha marabillosa noite xunto ao resto dos colgaos dos teus camaradas e compañeiros de aventuras bebendo cervexa tras cubata para olvidar as penas e o estrés que provocan as vacaciónsns de nadal. Ah si, e se no roscón de Reis atopas a Baltasar, ganas o level bonus! Rolda de chupitos gratis na noite de Reis pra ti e os teus camaradas!!!

1 comentario:

Noe dijo...

Personalísima visión de la Navidad, muy en consonancia con los motivos protagonistas de tu fotografía y también con la manera de presentarlos. Valoro el blanco y negro selectivo y, en general, el procesado de la imagen y como has planteado la toma con ese desenfoque tan estudiado, aunque quizá, para que fuese todavía más minimalista y ubicar la cajita sobre un fondo todavía más neutro.