Quixen facer este reto deste xeito porque me parece unha técnica que da moito xogo nos retratos, ao permitir mostrar distintos planos dunha mesma persoa nunha soa imaxe.
Ela é desas persoas que da igual a perspectiva dende a que a mires, sempre está disposta a aconsellarme, a atoparme se me perdo e a reñerme cando é necesario... en definitiva a acompañarme nos distintos planos da miña vida, como os planos do seu retrato.
Ademais, debería agradecerlle toda a paciencia que ten conmigo: reto desenfoque, reto enmarcando, reto panografía... e os que lle quedan :)
1 comentario:
Hala, genial. Casi parece más un fotomontaje que una panografía. Pero me encanta que experimentéis. Muy bien.
Publicar un comentario