Para representar esta fotografía optei por non fotografiar nada relacionado cos 'dispositivos de captura' senon simplemente centrarme na nosa fonte de traballo, a luz.
Trátase dunha vista cenital dunha lámpara de sobremesa, sobre un espazo blanco.
A edición simplemente consiste en recuperar as zonas de altas luces e buscar eses diferentes 'tons de blanco' que formen esos degradados que podemos ver. Un leve viñeteado axudará a enmarcar o motivo.
1 comentario:
Sinxela, totalmente minimalista tanto tonal como compositivamente. Ademáis ao optar por unha total simetría consigues unha imaxe máis que intersante. Moi ben!
Publicar un comentario