A orixinal, e a miña propia interpretación da mesma.
Presentación do décimo reto semanal de medios informáticos, Interpretación de Grandes Maestros por Miguel Costa.
A imaxe elexida para representar este reto e a fotografía O Violín de Ingres, realizada en 1924 por Man Ray, evoca suavidade, atracción, fluidez, feminidade e delicadeza grazas ás categorías estéticas que empregou tales como beleza e novidade. O tema da obra é un tributo ao pintor neoclásico francés Jean Auguste Dominique Ingres. O enfoque que Man Ray lle dá á súa obra é o de reinterpretar o corpo dunha muller coma se fose o dun violín, grazas ás súas curvas e a fluidez da súa figura.
Para a realización da toma optei por un shot en clave baixa disparada en estudio. Aproveitando o ultimo dado na aula, usei o plugin de Imagenomic, un pincel corrector para pequenas manchas tamén optei por o plugin Exposure (KodachromeII Dust&Scratches) dandolle asi un aspecto vintage. Para terminar coloqueille os oídos en Efe do violín con retículas para darlle toda a máxima simetría posible a composición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario