O tempo é poderoso, deus creador que concibe e
aniquila, que forma e destrue, que leva e trae. É o próposito da existencia, a
moeda máis cara. O traballar para ter, o ter para gastar e o gastar para vivir.
E todo, medido en horas. Horas que costan máis caras que calquera luxo. Tempo
implícito no desgaste humano, tempo explícito nas mans dos artesáns. A beleza
creadora do seu traballo. O atractivo insólito de quen o fai. Mans, pero mans
gastadas, desgastadas, marcadas, con dolores, traballo e tempo.
O que teñen, polo que empeñan. E todo medido
en cicatrices, que non son mais que a conta atrás.
1 comentario:
Imagen técnica
Publicar un comentario