O Nadal é época de
agasallos e comidas familiares para os que necesitan esperar un ano para
desfrutar da esencia da vida. Mídese en regalos para os nenos, sillas valeiras
para os adultos, negocio para os comercios, relixión para os crentes e nun mero
trámite para os ateos. Pero para min, non é máis que tempo. É o punto de
inflexión, o final e o principio, o empate, a brecha, o roto, a costura mal
feita e o remendo mal posto dun ciclo, dunha etapa, determinada, imposta,
fechada. É un ano mais, é un ano menos.
miércoles, 26 de diciembre de 2018
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario