Como calquera ser vivo, non son máis que o mero feito do tempo, son unha conta atrás
ou unha suma cara adiante do que andiven e me queda por andar. Non son presente, senón que
son o resultado dun pasado e o proxecto dun futuro, simplemente porque o presente, como o
tempo, é tan relativo como efímero. Dende sempre, o tempo foi unha das miñas grandes
obsesións –e de seguro, seguirao sendo-, polo que considero que a mellor maneira de
retratarme e inmortalizándoo (ademais de pola controversia que supón “inmortalizar o tempo”
tan constante como flutúante). Polo feito de aparecer eu como entidade, decidín ser o punto
central de representación, deixándome desfigurar polo tempo en forma de velocidade (de
obturación). É unha metáfora do tempo, o movemento, e a fotografía.
Con esta imaxe non tento máis que representar ese pasado creador hacia ese futuro incerto, o pouso do tempo e o que virá, o resultado do que son polo que vivín, as distorsións e deformacións que nos depara a experiencia.
1 comentario:
Agradezco el comentario en una imagen tan conceptual como la que estás planteando. Creo que resume muy bien lo que es el punto de partida de la fotografía, así que en ese sentido, no tengo más que añadir. Por otra parte, en cuanto a ejecución, perfecta: una larga exposición con la que desmaterializas al sujeto pero sin llegar a perder por completo el detalle de su rostro y cuerpo y que denota ese concepto de tiempo al que haces referencia. Por otra parte, creo que el fondo neutro contribuye a dar protagonismo a la figura que por otra parte ocupa la parte central de la imagen creando una composición casi simétrica. Muy bien.
Publicar un comentario