Recreei unha fotografía baseandome na serie 'Zoo Portraits' do artista barcelonés Yago Partal.
Ademáis de fotógrafo, é videógrafo e ilustrador; achégovos as súas webs por se vos apetece coñecer algo do seu traballo.
www.yagopartal.com
www.zooportraits.com
A continuación achégovos unha mostra da súa serie, xunto coa miña reinterpretación:
OSTRICH - Yago Partal
MIMO - Iago Anello
Trátase dunha fotomontaxe a partir de dúas tomas, unha miña e outra de Mimo.
A continuación modifiquei a escala do can e axustei a anchura do cuello para que encaixara na camisa.
Con capas de axuste ocultei as partes que non necesitaba, usando pinceis irregulares para as zonas nas que o pelo o necesitara.
Din unha pequena pincelada de subexposición durante o contorno do cuello, pegado xa á camisa para dotar de más realismo ó 'encaixe'.
Finalmente tomei como mostra a cor de fondo que utiliza o artista orixinal, e cree ese lixeiro degradado azul.
No hay comentarios:
Publicar un comentario