DESCRIPCIÓN DO TRABALLO
Aproximación ao xénero do retrato fotográfico, sobre todo na súa variante do retrato "preparado", reflexionando ben sobre a personalizade do retratado ou ben sobre a impresión que se queira ofrecer de él.
Aproximación ao xénero do retrato fotográfico, sobre todo na súa variante do retrato "preparado", reflexionando ben sobre a personalizade do retratado ou ben sobre a impresión que se queira ofrecer de él.
Valorarase a creatividade, pois ainda que se poidan usar composicións, poses, esquemas de iluminación máis ou menos clásicos, é interesante experimentar con técnicas arriscadas.
Neste sentido, é de vital importancia a eleción dun modelo que, máis alá da súa presencia física, sabia actuar diante da cámara para poder resposta ao que necesita o fotógrafo.
As imaxes deberían ter unha unidade temática, técnica e formal. A pesar delo, contémplase a posibilidade de presentar fotografías de varios modelos diferentes.
OBXECTIVOS
-Experimentar coas distintas técnicas e estilos utilizados na especialidades do retrato fotográfico
-Desenvolver a imaxinación, a sensibilidade artística e a creatividade
-Utilizar novas técnicas de retoque, manipulación e montaxe dixital relacionadas coa especialidades do retrato
-Analizar e criticar a propia obra
-Acercarse nos resultados aos niveles de calidade e rentabilidade da fotografía profesional
CONDICIÓNS DE ENTREGA
Para poder superar o exercicio, o alumno deberá entregar de tres a cinco fotografías de 20 centímetros de lado menor, a 300 píxeles por pulgada. Éstas deberán estar en formato TIFF ou PSD en capas e serán entregadas en formato dixital.
A data límite de entrega do traballo será o día 2 de xuño de 2014
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
A avaliación do traballo realizarase do seguinte xeito:
-Calidade técnica das imaxes, e retoque dixital: 5 puntos
-Calidade estética das imaxes, orixinalidade: 5 puntos
No hay comentarios:
Publicar un comentario