Esta é a miña proposta para o reto noite.
Trátase dunha multitoma, feita coa aplicación AVG Cam Pro, pero sen realizar un movemento moi notable entre elas, senon intentando realizar unha fusión das imaxes desde 'case' o mesmo punto de vista.
Así busquei crear ese efecto de trepidación que simula unha sensación de movemento, e crea ese estilo mási 'pictorico'.
En canto á edición, contrastei a imaxe, saturei os tons cálidos das luces e creei unha capa de efecto mate.