... na miña casa, esa que esperou máis de douscentos anos para verme nacer...
non podería dicir de memoria cantas portas ten, nin cantas habitacións, nin cantas ventanas... non podería dicir moitas cousas dela, pero podería dicir taaaaantas cousas...
... enmarca moitos momentos, xente, personaxes, historias, contos de avoas, de veciños, de mortos, de nacidos, de animais...
... "terma" de min e dos meus, reune a moitos que se refiren a ela con eso de "vou a miña casa", tras tantos anos en pé, conten unha estructura que non tiña ningunha intención inicial de ser o que é e tras unha porta posiblemente hai outra, cada unha co seu motivo de ser...