Para o reto número 10, presento a miña gran adicción, escribir con luz, a fotografía.
Para representar esta fotografía optei por non fotografiar nada relacionado cos 'dispositivos de captura' senon simplemente centrarme na nosa fonte de traballo, a luz.
Trátase dunha vista cenital dunha lámpara de sobremesa, sobre un espazo blanco.
A edición simplemente consiste en recuperar as zonas de altas luces e buscar eses diferentes 'tons de blanco' que formen esos degradados que podemos ver. Un leve viñeteado axudará a enmarcar o motivo.