lunes, 30 de marzo de 2015

RETO 12: EL TIEMPO - Iago Anello

Neste reto elexín como motivo o reloxo solar que temos no xardín da escola.

Neste caso, preferín facer unha imaxe máis irreal, polo que dupliquei a capa orixinal e volteeina horizontalmente, fusionandoa polo modo de multiplicación e creando así esta fusión de liñas e círculos, en ton simétrico que axudan a mellorar a composición final.

Unha capa de axuste de branco e negro e unha de desprazamento finalizarían a edición da imaxe.

No hay comentarios: